Deputación de Lugo
Economía
Emprego
Turismo

A Deputación colabora coa APEHL no concurso Cume Tapas Erótico, de Monforte de Lemos

APEHL

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou na entrega de premios do Cume Tapas Erótico organizados pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo (APEHL), coa colaboración da Deputación de Lugo, do 31 de maio ao 5 de xuño. O Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos, acolleu a entrega de galardóns que recoñeceu á Adega de Carlos, coa tapa Ofigochorréame; a MC, que levou o segundo premio coa tapa Goza do Rabo, e á Confitería Moure polo seu Volaván Ardente.

A institución provincial achega 40.000€ para a posta en marcha de iniciativas por parte da APEHL, entre as que se atopan esta iniciativa en Monforte de Lemos, pero tamén a promoción turística ou un curso de enoturismo.