Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación colabora coa celebración da V Romaxe Viquinga do Vicedo a través do Plan Único cun importe de 27.200€

O Vicedo
Romaxe Viquinga do Vicedo
plan único

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou este mércores no edificio administrativo da Xunta en Lugo no acto de presentación da V Romaxe Viquinga do Vicedo, que terá lugar esta vindeira fin de semana. A institución provincial, subliñou García Pernas, colabora con esta “festa xa emblemática e de referencia no calendario festivo da comarca da Mariña e de toda a provincia de Lugo” a través do Plan Único, que inclúe para este evento un importe de 27.211€. O Deputado enmarcou este apoio “dentro da nosa clara liña de cooperación cos concellos e co tecido asociativo para dinamizar a vida social e económica da provincia, e para consolidar o modelo de turismo que defendemos. Un turismo de calidade e sostible, con capacidade para atraer visitantes todo o ano, que pon en valor o noso patrimonio, e que crea riqueza e emprego, sobre todo no noso rural