Medio Rural e do Mar, Mocidade
Cultura
Deputación de Lugo

A exposición "Mariñas, marosas e maruxainas" fai parada en Barrreiros na súa itinerancia pola Mariña

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
MARIÑAS MAROSAS E MARUXAINAS
MULLERES DO MAR
Mónica Freire
Barreiros
A deputada Mónica Freire asistiu á inauguración da mostra, formada por retratos de mulleres traballadoras da comarca

O Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros acolle desde o pasado xoves a mostra "Amar a mar: Mariñas, marosas e maruxainas", un proxecto expositivo que naceu do 50 aniversario do Museo Provincial do Mar de San Cibrao e que aborda, desde distintos enfoques temáticos, a importancia do mar na configuración cultural e material da comarca da Mariña.

A mostra, coordinada pola xerente da Rede Museística, Encarna Lago,  inclúe 16 retratos de traballadoras do mar e da terra, unha por cada concello da Mariña. As fotografías, asinadas por Germán Limeres, Xosé Reigosa, Ignacio Castro “Nachok” e Lucía Sánchez, amosan o paso do tempo polas facianas e as mans de pescantinas, redeiras, mariscadores, percebeiras, empregadas de conserveiras, taberneiras ou labregas.

A deputada de  Medio Rural e do Mar Mónica Freire e a alcaldesa de Barreiros Ana Ermida, acompañadas por represantes do goberno municipal, inauguraron a exposición, que serviu tamén como homenaxe e recoñecemento ás mulleres retratadas, na persoa de Tarsila Veiga Vega, que representa Barreiros nesta mostra a través dunha fotografía realizada por Xosé Reigosa.

A mostra continúa así a súa itinerancia polos concellos da Mariña, despois de visitar Foz e Ribadeo