Deputación de Lugo

A Deputación colabora cunha nova edición de Xuvenciencia, que reúne a 95 alumnos

Verán Xuvenciencia

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este luns na apertura da décima edición do Campus de Verán Xuvenciencia que tivo lugar no Auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus Terra. A Deputación de Lugo colabora con esta cita, enmarcada dentro do apoio á Universidade de Santiago de Compostela, que achega a 95 rapaces este tipo de actividades educativas e lúdicas "tan importantes para fomentar a curiosidade e o interese pola actividade científica, que é un motor da sociedade e do seu desenvolvemento", descacou Pablo Rivera.

O Campus de Verán Xuvenciencia reunirá, dende hoxe ata o día 9 de xullo,  a mozos e mozas matriculados en 4º da ESO, Bacharelato e ciclos medios de FP, cunha idade máxima de 19 anos. Ofrecerá 16 proxectos e 13 talleres e actividades.