Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Medio Rural participa no Congreso Internacional de Extensión Rural Europea, intervindo nun espazo formativo sobre innovación

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
medio rural
ASESORAMENTO RURAL
CONGRESO INTERNACIONAL EXTENSIÓN RURAL EUROPEA

Medio Rural da Deputación de Lugo participa no 11º Congreso Internacional de Extensión Rural Europea, que se celebra desde este martes e ata o sábado 25 na Escola Politécnica Superior de Enxeñería e no auditorio da Facultade de Veterinaria coa participación de máis de 200 asesores rurais, investigadores e responsables de administracións agrarias de 30 países.

A área de Medio Rural está a achegar a súa experiencia neste ámbito ao encontro, organizado polas redes europeas de asesores rurais IALB, EUFRAS e  SEASN.  Concretamente,  nunha masterclass sobre as competencias do asesoramento rural no proceso de innovación na que persoas expertas de oito países europeos intercambiaron coñecementos e modelos de boas prácticas de cara a incorporar a innovación interactiva nas empresas vinculadas ao sector agrogandeiro.

Ademais desta intervención e apoio técnico á organización e desenvolvemento do programa teórico do Congreso, a área de Medio Rural colabora cunha achega de 3.500 euros ao financiamento das xornadas de campo que se desenvolverán mañá xoves, nas que as persoas asistentes ao encontro coñecerán distintos proxectos e iniciativas de aproveitamento, transformación e comercialización de recursos agrícolas e gandeiros por toda Galiza, No caso da provincia de Lugo, ofrécense tres itinerarios, por Terras de Lemos, A Montaña e Terra Chá.