Deputación de Lugo

Rivera Capón destaca a importancia dos servizos públicos, o emprego e a conectividade nun congreso internacional sobre desenvolvemento rural celebrado en Lugo

USC

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou no Congreso Internacional da Extensión Rural Europea que se celebra ata o vindeiro sábado en Lugo, un encontro co que colabora a Deputación e durante o que Rivera expuxo a realidade social e económica da provincia, destacando que para o desenvolvemento do rural e frear a caída demográfica que sofre é preciso actuar en tres grandes eixos: a recuperación e mellora dos servizos públicos, o emprego e a conectividade. O Deputado puxo como exemplo das políticas que leva a cabo a institución neste sentido a rede de centros públicos da terceira idade, que garanten o benestar das persoas maiores e crean actividade económica e postos de traballo, e o labor da Granxa Gayoso Castro, un centro de referencia en Galicia polo seu apoio á actividade gandeira a través da formación, a innovación e a investigación, da man do propio sector e da Universidade.