Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

O Presidente felicita ao Río Breogán polo traballo realizado nesta última temporada na Liga Endesa

Breogán

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiron este sábado ao partido disputado no Pazo dos Deportes entre o Río Breogán e o Unicaja de Málaga. 

Tomé Roca felicitou ao equipo lucense pola vitoria neste último partido de temporada da Liga Endesa (93-84), pero tamén se amosou orgulloso de que o Río Breogán se manteña un ano máis na elite do baloncesto nacional. “Os meus parabéns para todo o equipo de xogadores, pero tamén ao corpo técnico, á directiva e á afección polo traballo constante e frutífero desta tempada. Sodes un orgullo para a provincia de Lugo”, manifestou o Presidente da Deputación.