Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo asiste á toma de posesión de Alfonso Rueda como Presidente da Xunta de Galicia

Parlamento de Galicia

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este sábado ao acto de toma de posesión do Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, que acolleu o Salón dos Reis do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela. José Tomé apelou á lealdade e á cooperación institucional entre a Xunta e a Deputación para promover accións en beneficio da cidadanía da provincia.