Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Mónica Freire participou no Congreso da SECEM onde se presentaron as últimas investigacións sobre a rata toupa

VICEPRESIDENCIA DEPUTACÍÓN DE LUGO
medio rural
Mónica Freire
SECEM
RATA TOUPA
A explosión demográfica desta especie preocupa as gandeirias da Montaña lucense

A deputada de Medio Rural, Mónica Freire, asistiu ao XIV Congreso da Sociedad Española para a Conservación e Estudio dos Mamíferos (SECEM), que se celebra desde o pasado venres en Córdoba, e que reuniu expertos internacionais en temas como a convivencia entre mamíferos e o ser humano ou as enfermedades emerxentes entre os mamíferos.

Tamén se expuxeron investigacións sobre as  problemáticas xeradas polo incremento de  poboación de rata toupa,  que preocupa especialmente nos concellos da Montaña lucense, onde se ten detectado unha explosión demográfica desta especie nos últimos dous anos.

A responsábel provincial destacou o interese de “incorporar ese coñecemento experto para desenvolver desde as administracións accións eficaces para manter o control da poboación da rata toupa e achegar solucións a longo prazo ás problemáticas que nos trasladan desde as gandeirías afectadas”

No Congreso, que se pecha hoxe na cidade andaluza, tamén estivo presente do Proxecto Rebinxe, unha iniciativa cooperativa e de ciencia cidadá do alumnado do IES San Rosendo de Mondoñedo, que busca involucrar as comunidades locais na mellora da situación da fauna autóctona