Deputación de Lugo

A Deputación pon en valor o patrimonio da provincia co alumeado de Nadal da fachada de San Marcos

Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo acendeu este luns o alumeado de Nadal da fachada do Pazo de San Marcos que este ano enxalza o patrimonio cultural, territorial e arquitectónico da provincia de Lugo, representando lugares característicos como a Muralla Romana de Lugo, as pallozas ou a costa da Mariña. Os elementos decorativos instalados empregan tecnoloxías LED de alta eficiencia, o que supón un aforro enerxético e económico e inclúen cortinas horizontais e verticais; ou escenas de Nadal con motivos característicos da provincia. A institución provincial manterá instalada a iluminación durante as Festas.