Xornada sobre as dificultades de acceso á vivenda no Pazo de San Marcos
O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde unha xornada organizada polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galiza arredor da vivenda. A vicepresidenta, Maite Ferreiro, presentou a sesión na que se proxectou o documental “A vivenda, un ben social?”, realizado por Sagrario Fernández e Xosé Bocixa, que analiza as políticas públicas neste ámbito e sinala as dificultades de acceso a unha vivenda digna e as súas consecuencias sociais.
Tras o visionado documental, abriuse un coloquio coa participación de Carmen Figueira, presidenta do Colexio de Arquitectos de Lugo, e de Plácido Lizancos, director da Escola Superior de Arquitectos da Coruña.