Deputación de Lugo
Recursos Humanos

O Presidente dá a benvida a unha vintena de novos empregados e empregadas da Deputación

Deputación de Lugo
Toma posesión

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, presidiu, na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos, o acto de toma de posesión dunha vintena de novos traballadores e traballadoras da institución provincial. O persoal que se incorpora levará a cabo as súas funcións nas áreas de Benestar Social, a través da rede de residencias provinciais, Turismo, Cultura, Recursos Sostibles e Protocolo e Relacións Institucionais. Durante o acto, tamén estivo presente a Secretaria da institución, María Esther Álvarez, e o Xefe da área de Recursos Humanos, Jesús Arrizado.