Deputación de Lugo
Turismo

Asociacións de Láncara e Meira visitan o sur de Lugo co programa Coñece a túa provincia

turismo
Coñece a túa Provincia

A asociación de veciños Río Pombo de Láncara e a de xubilados de Meira visitaron hoxe o sur de Lugo co programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Os lancareses viaxaron ata Quiroga logo de coñecer o Pazo de San Marcos; percorreron o Museo Xeolóxico quirogués e subiron ata o miradoiro de Campodola, pararon nunha adega da subzona Quiroga-Bibei e remataron a viaxe no Castelo de Torrenovaes. O grupo da Asociación de Xubilados de Meira tamén visitou a Ribeira Sacra, pero comezaron a súa ruta coñecendo as instalacións da produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación. Os meiregos viaxaron logo ata O Saviñao, para coñecer o Ecomuseo de Arxeriz e visitaron Belesar para descubrir os segredos da viticultura heroica. O programa Coñece a túa provincia, incluído no Plan de Impulso de Economía da Provincia de Lugo, beneficiará a máis de 1.200 persoas de 62 asociacións e colectivos lucenses ata o vindeiro 10 de novembro.

Coñece a túa provincia