Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación inviste 500.000€ para completar a renovación do traxecto por estrada de Paradela a Currelos

Rede provincial de estradas
Sinatura contrato estrada Paradela Currelos
O Presidente asinou co representante da empresa adxudicataria o contrato para acometer as obras, coas que a institución provincial renovará máis de 12 quilómetros en total das estradas LU-P-4201, LU-P-4205 e LU-P-5818

Tomé Roca subliña a importancia e o alcance deste proxecto, co que quedará totalmente renovada a conexión entre estes dous núcleos de poboación, logo de que a Deputación actuara recentemente no tramo que une Escairón e Currelos

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou co representante da empresa Ovisa Pavimentos y Obras S.L.U., Juan Sanmartín Ferreiro, o contrato para a execución das obras de mellora e renovación do firme de tres estradas provinciais que conectan o concello de Paradela co núcleo de Currelos, no municipio do Saviñao. Uns traballos nos que a Deputación inviste preto de 500.000€.

José Tomé subliña a importancia e o alcance deste proxecto, co que a Deputación completa o acondicionamento das conexións entre Paradela e Currelos, logo de que a institución provincial actuara recentemente no tramo que une Escairón e Currelos.

As obras consistirán no acondicionamento de máis de 12 quilómetros das estradas LU-P-4201, LU-P-4205 e LU-P-5818.No caso da LU-P-4201, que une Pacios con Mosteirovello, arranxarase en tres treitos, que suman un total de case 2,5 quilómetros: o primeiro tramo vai dende o punto quilométrico 0 ata o 1,235; o segundo, dende o 1,405 ao 1,810; e o terceiro, do 3,435 ó 4,200. Esta é unha estrada que vertebra parte do municipio, dando servizo a unha zona importante da poboación de Paradela.

Na LU-P-4205, que une os núcleos de Aldosende e Foilebar, pasando por Feasita, mellorarase un treito da vía de máis de 3 quilómetros e medio, dende o punto quilométrico 2,331 ao 5,924.

A terceira vía que se vai arranxar en Paradela é a  LU-P-5818. Os traballos acometeranse dende a intersección coa estrada provincial LU-P-4202 ata o núcleo de Vila. Esta estrada dá servizo a moitas parroquias e núcleos que concentran bastante poboación, como son Valmigallo, Vilacaíz, Carballós e O Amedo.

Os traballos comezarán de inmediato, sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables. As actuaciónsinclúen a reapertura de cunetas, aglomerado en quente e sinalización horizontal con pintado da vía mediante marcas viais reflexivas brancas. O prazo de execución estimado é de 6 meses.


O Presidentesubliña que “a Deputación continúa sacando adiante proxectos e facéndoos realidade, o que dá mostra do importante ritmo de xestión que estamos desenvolvendo nun momento no que favorecer a economía da provincia é especialmente importante debido á crise provocada pola pandemia”. Así mesmo, puntualiza que “seguimos demostrando que unha da prioridades deste Goberno é a mellora das comunicacións. Cremos que unha boa rede de estradas é fundamental para o equilibrio territorial e para o desenvolvemento do rural, porque axuda a fixar poboación e a achegar os servizos.Ademais, a obra pública taménéimportante para incentivar a actividade económica e axudar a manter ou crear emprego”, subliña o Presidente.