Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia apoia a labor cultural de Xermolos cunha achega de 20.000 euros

vicepresidencia
Maite Ferreiro
XERMOLOS

A  Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a labor cultural de Xermolos, cunha achega de 20.000 euros. A vicepresidenta Maite Ferreiro e Alfonso Blanco, fundador e coordinador da asociación, asinaron o convenio que formaliza a colaboración da área de Cultura coa entidade.

Maite Ferreiro agradeceu “o traballo da asociación, que nunha situación sanitaria excepcional como a que vivimos desde hai meses, aposta por seguir facendo cultura, adaptándose ás circunstancias como fixeron co Festival de Pardiñas, unha filosofía na que coincidimos porque cremos que a cultura é imprescindible e que as creadoras e creadores necesitan agora máis que nunca do noso apoio”.

A vicepresidenta loubou “a traxectoria da asociación que desenvolve un papel fundamental na dinamización cultural da comarca coa organización de decenas de actividades ao longo de todo o ano”

Ademais do recoñecido Festival de Pardiñas, que o pasado agosto cumpriu 41 edicións, Xermolos mantén un intensa actividade de promoción e divulgación da creación literaria, musical e plástica chairega, mantén espazos culturais propios como a Casa das Artes e a Casa das Palabras e promove diferentes publicacións.

Tamén contribúe de forma decisiva ao coñecemento e recoñecemento da obra de dous dos poetas fundamentais da Terra Chá, Manuel María e A Vicepresidencia apoia a labor de Xermolos cunha achega de 20.000 euros. O impulso de Xermolos logrou que a Real Academia Galega dedicase ao autor de Nimbos o Día das Letras Galegas no 2014.