Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Aberto o prazo para solicitar as bolsas para pilotos de rally

ÁREA DE DEPORTES
rally
BOLSAS
As persoas interesadas poderán presentar a solicitude a través da sede electrónica da Deputación de Lugo ata o 28 de outubro

Este xoves abriu o prazo para solicitar as bolsas para pilotos de rally, dirixidas a condutores de asfalto, terra e montaña. A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios telemáticos na sede electrónica da Deputación de Lugo, ata o vindeiro 28 de outubro.

Para optar ás bolsas, as persoas solicitantes deberán acreditar a participación nunha das catro probas oficiais federadas que se disputaron na provincia en 2019 (Rally San Froilán, Rally da Ulloa, Subida a Chantada e Subida á Pontenova) ou, no seu defecto, noutras dúas probas de carácter oficial e federado.

Outorgaranse un máximo de 25 bolsas, cun importe que oscilará entre os 300 e os 5.000 euros, en función dos méritos acreditados por cada solicitante. O importe destinado a esta liña de axudas é de 45.000 euros.