Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación achega 11.000€ á Asociación de Comerciantes Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta

Muimenta
convenios
O Presidente da institución provincial e a presidenta desta entidade asinaron dous convenios de colaboración para a celebración da XXIX Festa da Filloa e a XXXVI MOEXMU

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a  presidenta da Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta, Dolores Darriba Lamela, asinaron este venres no Pazo de San Marcos dous convenios de colaboración entre a institución provincial con esta entidade. No acto tamén estivo presente  o xerente da Asociación José Manuel Rus. A través destas colaboracións, a Deputación destina 3.000 euros á XXIX Festa da Filloa de Muimenta, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, e unha axuda de 8.000 euros para colaborar coa XXXVI Mostra Exposición de Muimenta (MOEXMU).

Ambas as dúas citas están aprazadas debido á actual situación derivada da crise sanitaria da COVID-19. Polo momento, non hai data prevista para a celebración destes dous eventos e desde a asociación están estudando diferentes posibilidades para levar a cabo estas dúas citas asegurando todas as condicións de seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias.