Cooperación concellos
Deputación de Lugo

O Presidente abriu unhas xornadas informativas sobre as posibilidades que ofrece Tragsa a Deputación e Concellos

José Tomé Roca
Tragsa
Xornadas Tragsa
José Tomé subliñou que contar con esta empresa pública como medio propio servirá para que tanto a institución provincial como as entidades locais lle poidan facer encargos en moi diversas materias, como xardinería, medio ambiente ou estradas

O Presidente da Deputación, José Tomé, participou este xoves na apertura das xornadas técnicas que a empresa pública Tragsa ofreceu no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, un acto no estivo acompañado por Emilio José Pardo, xerente da Zona Lugo do Grupo Tragsa, e por José Antonio Mourelle Cillero, secretario xeral adxunto institución provincial, e no que salientou as posibilidades que lle abre esta empresa tanto á Deputación, como aos concellos, para prestar un mellor servizo público á cidadanía, unha vez que adquiriu a condición de medio propio da administración provincial tras entrar no seu accionariado o pasado mes de decembro. 

“Dende a compra da acción que a Deputación fixo no mes de decembro a Tragsa, abriuse un conxunto de posibilidades tanto para a institución provincial, como para os concellos, que se poden beneficiar de encargos mediante convenios”, explicou Tomé Roca. Uns traballos que, entre outros, están vencellados á xardinería, ás obras en estradas ou a actuacións medioambientais.

“Tragsaé un recurso moi importante no conxunto do Estado, pois ademais da Deputación de Lugo, son outras 27 institucións provinciais de todo o país e varias comunidades autónomas as que traballan conTragsa”, salientou o Presidente. 

José Tomé tamén lembrou que a Deputación fixo a Tragsa o encargo do mantemento das zonas verdes provinciais “co compromiso firme de manter o emprego e as condicións laborais dos traballadores de SUPLUSA, xa que agora están integrados dentro do cadro de persoal desta empresa pública, cos mesmos dereitos e status laboral que tiñan”. 

Estas xornadas técnicas, dirixidas ao persoal público da Deputación e dos Concellos, inclúen conferencias e debates sobre casos prácticos das intervencións de Tragsa noutras deputacións españolas, o réxime xurídico, a xestión de expedientes e a vinculación desta empresa coa provincia de Lugo, entre outros asuntos.