Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación achega 22.500€ para a mellora do patio interior do colexio Torre de Lemos de Monforte

José Tomé Roca
Monforte de Lemos
Fundación Torre de Lemos
Firma do convenio Fundación Torre de Lemos.IMG01


O Presidente da Deputación, José Tomé, mantivo un encontro este xoves no Pazo de San Marcos coa representante da Fundación Educativa Torre de Lemos de Monforte, María Esther Rodríguez, durante o que asinaron un convenio de colaboración da institución provincial con esta entidade. A través deste acordo, a Deputación achega máis de 22.500 euros co fin de financiar a obra de reforma do patio interior do colexio, que consistirá na substitución do pavimento actual por outro máis adecuado e adaptado ás necesidades e usos do centro.