Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Aprobadas as bases para a selección dos artesáns que participarán no Mercado de Nadal

CENTRAD
Mercado de Nadal
artesanía
Maite Ferreiro
Mercado de Nadal
O Mercado celebrarase do 21 de decembro ao 5 de xaneiro e contará con 12 casetas. Para a selección dos artesáns participantes valoraranse criterios como a calidade do proxecto, o proceso de elaboración, ou a utilización de novas técnicas.

Lugo, 8 de novembro de 2019.- A Xunta de Goberno ven de aprobar as bases da convocatoria para a inscrición e selección dos artesáns e das artesás interesados en participar no Mercado de Nadal que Organiza a Área de Deportes, Artesanía e Deseño, e  Memoria Histórica da Deputación.

 A Vicepresidenta, Maite Ferreiro, destacou que “pola experiencia doutros anos, é un mercado valorado polos artesáns pola afluencia de público e polas vendas.”

O Mercado estará situado na Praza de San Marcos, do 21 de decembro ao 5 de xaneiro. Haberá un total de 12 casetas de madeira, dotadas con cadro eléctrico e iluminación que poderán ser individuais ou compartidas entre dous artesáns.

As persoas interesadas terán sete días para anotarse unha vez se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Deberán presentar a solicitude cumprimentada así como unha copia da Carta de Artesán, do DNI ou NIF e unha memoria que reflicta o traballo do artesán. Toda a documentación requirida estará dispoñible na web da Deputación: http://www.deputacionlugo.gal/ 

Na avaliación das propostas valórase a calidade do proxecto presentado e dos procesos de elaboración, a antigüidade da Carta de Artesá, a utilización de novas técnicas e materiais ou a identificación coa zona de procedencia e elaboración do produto, entre outros criterios.