Cooperación concellos
Deputación de Lugo

A Deputación contribúe á mellora do servizo de lixo de Antas de Ulla achegando 135.000€ para un novo camión

José Tomé Roca
Antas de Ulla
Adquisición camión do lixo Antas de Ulla
O Presidente supervisou o cumprimento do convenio de colaboración asinado polo organismo provincial co Concello para a adquisición dun novo vehículo de recollida

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, estiveron este martes en Antas de Ulla para supervisar o cumprimento do convenio de colaboración asinado entre a institución provincial e o Concello para a compra dun novo camión de lixo para a localidade. 

A Deputación destinou 135.000 euros á compra do vehículo, o que supón preto do 98% do seu custe, a través dun convenio asinado co Concello, que achegou o 2% restante do investimento preciso.

José Tomé explicou que esta medida enmárcase no compromiso da Deputación de cooperar cos concellos e axudarlles a prestar servizos públicos de calidade que contribúan a satisfacer as necesidades do día a día da veciñanza. “Con esta adquisición repercútese na mellora da calidade do servizo e tamén na seguridade dos propios operarios que o manexan, xa que inclúe sistemas máis cómodos e adaptados para traballar”, subliñou o Presidente.