Axenda Institucional
Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación asiste ao 150 aniversario da banda de Sober

José Tomé Roca
Sober
Aniversario banda de Sober
José Tomé acudiu hoxe ao encontro de bandas militares que tivo lugar na Praza do Toural, na que actuaron as unidades de música do terzo norte da armada en Ferrol e a do cuartel xeral da forza loxística operativa con base en A Coruña

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, asistiu esta tarde ao 150 aniversario da banda de Sober, unha das máis antigas e senlleiras de Galicia. Á cita acudiu tamén o Alcalde do Concello de Sober, Luís Fernández Guitián, a Secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia, Raquel Arias, o Alcalde do Concello de Pantón, José Luís Álvarez Blanco, mandos militares e outras autoridades.

No concerto, que tivo lugar na praza do Toural, actuaron as unidades de música do terzo norte da armada en Ferrol e a do cuartel xeral da forza loxística operativa con base en A Coruña.