Deputación de Lugo
Medio ambiente

O Presidente renova o compromiso de colaboración da Deputación con ACRUGA

José Tomé Roca
ACRUGA
Rubia Galega
Sector gandeiro
O Valadouro
Edmundo Maseda
Reunión ACRUGA
José Tomé recibiu tamén esta mañá ao alcalde de O Valadouro, Edmundo Maseda, no marco da súa rolda de contactos con representantes municipais e de colectivos para coñecer as súas demandas e necesidades

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, reuniuse este martes co responsable de ACRUGA, César Dorado, un encontro no que Tomé coñeceu as necesidades e inquedanzas do sector e renovou o compromiso de colaboración da institución provincial coa asociación. A Deputación destinou en maio 1,4 millóns de euros para os vindeiros catro anos aos produtores lucenses de Rubia Galega. A iniciativa, na que ACRUGA fai de intermediaria, inclúe axudas directas a explotacións lucenses polo primeiro parto das femias reprodutoras inscritas no rexistro xenealóxico. Son ata 500 euros por animal nacido.

Ademais, a Deputación de Lugo achega unha colaboración directa coa asociación de criadores, que se leva facendo dende o 2007, para a recría e mellora xenética dos animais nas instalacións da Granxa Gayoso Castro para a súa posterior venda, principalmente en poxas. A iniciativa xa favoreceu a recría de 1.650 animais e supón un aforro superior aos 2 millóns de euros para os produtores, ao asumir a Deputación os custos da recría, así como beneficios doutros 2,4 millóns pola venda de exemplares a un prezo medio de 2.000 euros.

Por outra banda, José Tomé tivo tamén esta mañá unha xuntanza co alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda, para atender as necesidades e demandas do concello mariñán. O encontro forma parte da rolda de reunións que o Presidente da institución provincial está a manter con representantes municipais e de colectivos da provincia.

Reunión co Alcalde do Valadouro