Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación destina 730.000 euros á mellora de dotacións e infraestruturas públicas en 4 Concellos

dotacións
infraestruturas públicas
Outeiro de Rei
castro de rei
O Valadouro e Xove
Imaxe deputación de lugo

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres un investimento de case 730.000 euros para mellorar servizos e dotacións públicas nos Concellos de Outeiro de Rei, Castro de Rei, O Valadouro e Xove, coas que mellorar o día a día dos veciños destes municipios.

Concretamente, as actuacións que se aprobaron son:

- 195.802 euros en Outeiro de Rei cos que se realizarán obras de apertura dun treito viario para a ordenación do tráfico no casco urbano do municipio.
- 133.911 euros en Castro de Rei dirixidos a realizar melloras no campo municipal, como a instalación de novo céspede, así como do sistema de rego e de alumeado.     
- 62.291 euros no Valadouro cos que realizar un cerramento e cuberta no acceso que vai dende o colexio ata o polideportivo; para a compra de terreos para ampliación do cemiterio municipal e adquisición de equipamento para o centro de formación co obxectivo de acadar a homologación do módulo de agricultura ecolóxica.
- 339.500 euros en Xove para realizar obras de acondicionamento dun treito de 2,4 quilómetros da estrada LU-P-2601, de Xove ao Portiño de Morás, comprendidos entre os puntos 0,4 e o 2,8.