Meira estrea a nova Praza Maior sen barreiras e totalmente accesible grazas a Deputación e Concello
-Campos Conde remarcou que “con esta nova dotación os veciños poden desfrutar dun entorno único e sobre todo accesible para todos os que queiran desfrutar deste espazo. Cónstame que esta Praza é o símbolo deste pobo, e agora os seus veciños teñen outro motivo para sentirse orgullo del”
-As melloras que se realizaron consistiron na eliminación das barreiras arquitectónicas, instalación de rampas de acceso, rehabilitación da pedra e de todas as táboas dos bancos, así como a renovación da luminaria e a mellora do firme con aglomerado en quente, ademais zonas de aparcadoiro para servizos de urxencias
-Como novidade a Praza loce os antigos carteis que adornaban este espazo, nos que se pode ler Paseo Central
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde e o Alcalde de Meira, Antonio de Dios, acompañados de veciños, inauguraron a Praza Maior da vila na que se celebra a tradicional feira quincenal ou a Festa da Malla, e que a partir de agora non terá barreiras arquitectónicas e será totalmente accesible grazas á Deputación e ao Concello. Estas melloras supuxeron un investimento económico do Executivo Provincial de 122.000 euros.
Campos Conde remarcou que “con esta nova dotación os veciños poden desfrutar dun entorno único e sobre todo accesible para todos os que queiran desfrutar deste espazo. Cónstame que esta Praza é o símbolo deste pobo, e agora os seus veciños teñen outro motivo para sentirse orgullo del”, avanzou.
“Somos unha Deputación que atende ás necesidades de cada Concello. Por iso, a partir de agora a Praza Maior de Meira lucirá dun xeito especial, volvendo a ter o protagonismo que se merece. Un espazo público que é a unión de todo un pobo”, sinalou o Presidente.
Paseo Central
O Alcalde de Meira agradeceu o compromiso do Goberno da Deputación “por cumprir unha vez máis cos meiregos e meiregas. Ademais, síntome especialmente orgullo de recuperar un dos emblemas desta praza como son os antigos carteis que adornaban este espazo, nos que se pode ler Paseo Central”.
Punto de encontro dos veciños da vila
A Praza de Meira é o punto neurálxico da vila, neste espazo celebrase unha das feiras máis importantes da provincia, que atrae a centenares de visitantes e comerciantes cada 15 días que se celebra este cita. Neste espazo tamén se conmemoran outro tipo de acontecementos como a Festa da Malla, que acolle a recreación deste traballo agrícola, que inclúe un amplo programa de actividades.
Melloras
As melloras que se executaron con cargo ao investimento de 122.000 euros consistiron na eliminación das barreiras arquitectónicas, a instalación de 4 rampas de acceso, a rehabilitación da pedra e de todas as táboas dos bancos, así como a renovación da luminaria para obter unha mellor eficiencia enerxético. E a mellora do firme con aglomerado en quente, ademais de novas zonas de aparcadoiro para servizos de urxencias.