Santos Ramos recoñece o labor de ASPANANE pola integración de lucenses con capacidades diferentes
Santos Ramos destacou que con estas obras, ademais de incrementar ata os 52 os usuarios, conseguise que as instalacións se adapten ao Decreto 149/2013 que aprobou a Xunta de Galicia, garantindo así a continuidade deste servizo.
ASPANANE conta con 20 profesionais que prestan atención a 55 usuarios dos Concellos de Ourol, Xove, O Vicedo, Viveiro ou Foz: 18 no Centro de Día e 37 no Centro Ocupacional
O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, participou este xoves, xunto coa Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e os membros da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro (ASPANANE), na xuntanza anual que dita entidade organiza polo Nadal. Alí, puxo en valor o papel deste colectivo sen ánimo de lucro, que “ten un papel fundamental á hora de derrubar barreiras para lograr unha igualdade de oportunidades real e efectiva”.
Santos Ramos subliñou que “dende a Deputación sumamos esforzos e colaboramos con esta asociación para ofrecer un servizo fundamental de atención integral a uns 50 veciños da Mariña, de Concellos como Ourol, Xove, O Vicedo, Viveiro e Foz, así como coas súas familias. De feito, nos últimos anos, dende o Goberno da Deputación destinamos máis de 61.000 euros cos que ademais de reforzar a prestación de servidos que ofrece ASPANANE, colaboramos nas obras de ampliación das instalación deste entidade social”.
Na actualidade, ASPANANE conta con 20 profesionais que prestan atención a 55 usuarios: 18 no Centro de Día e 37 no Centro Ocupacional, que poderá pasar a ser 50, coas 15 novas prazas que se xeran coa nave totalmente renovada polo Goberno da Deputación.
Mellora das instalacións
Grazas á colaboración da Deputación ASPANANE puido renovar un edificio contiguo ás súa sede principal. Con estas obras, ademais de incrementar ata os 55 os usuarios desta entidade, conseguise que as instalacións de ASPANANE se adapten ao Decreto 149/2013 que aprobou a Xunta de Galicia, garantindo a continuidade deste servizo.
As actuacións consistiron na renovación a fachada do edificio onde ASPANANE ofrece na actualidade o servizo de centro ocupacional a 37 usuarios, poñendo fin ás filtracións de auga e goteiras existentes ao mellorar o illamento do inmoble. Ademais, acondicionouse por completo o interior da nave contigua a estas instalacións que estaba en desuso. É neste novo espazo, que conta con 400 metros cadrados, onde agora se atopa o centro ocupacional, ofrecendo 18 novas prazas.
Novas instalacións a pleno rendemento este ano
Na nave renovada sitúanse salas de uso múltiples e descanso, aulas para a celebración de obradoiros, ademais das dependencias dos 20 profesionais que traballan neste colectivo (traballadores sociais, psicólogos, fisioterapeutas, persoal de cociña ou limpeza...), pois fíxose a división de ditos espazos e leváronse a cabo todos os traballos necesarios para o seu uso, como os de electricidade ou fontanería.
Servizos de ASPANANE
A Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais conta cun total de 224 socios. Esta asociación ofrece servizos de Centro de Día (que ten 17 usuarios) e Centro Ocupacional (que ten 35 usuarios na actualidade). Prestan servizo de atención e asesoramento a todas as familias que o necesiten; actividades deportivas, culturais ou lúdicas, como ximnasia ou canto; así como obradoiros de carpintería, serigrafía ou tampografía.
Todo isto co fin de integrar socialmente ás persoas con discapacidade intelectual. Neste senso, promoven variadas iniciativas coa colaboración de administracións como a Deputación e do tecido empresarial. Por exemplo, o Goberno Provincial financiou con máis de 1.800 euros talleres de Xornalismo e Deportes. ALCOA conta coa participación de usuarios de ASPANANE nos traballos de empaquetado de sobres; e Electrodomésticos Viveiro para a montaxe de pezas neste tipo de aparellos; así como con VESTAS, na montaxe de pezas.