Menu toggle
Cooperación cos Concellos

O PLAN ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2019 é un Plan propio da Deputación Provincial de Lugo para o exercicio 2019, destinado aos 67 concellos da provincia, que se elabora no marco do previsto no artigo 36.2.a da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e nos artigos 32 e 33 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, que establecen a obriga das deputacións provinciais de “aprobar anualmente un plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal, en cuxa elaboración deben participar os Concellos da provincia. O plan, que deberá conter unha memoria xustificativa dos seus obxectivos e dos criterios de distribución dos fondos, criterios que en todo caso han de ser obxectivos e equitativos e entre os que estará a análise dos costes efectivos dos servizos dos concellos poderá financiarse con medios propios da Deputación, as achegas municipais e as subvencións que acorden a comunidade autónoma e o Estado con cargo aos seus respectivos presupostos (...)

Dito Plan finánciase coas achegas da Deputación de Lugo e coas que realicen os concellos para completar o financiamento dos investimentos, servizos e actuacións, posto que nos últimos anos a Administración Xeral do Estado non realizou ningunha aportación aos Plans provinciais elaborados polas deputacións provinciais.

A achega da Deputación, por importe de 21.000.000€,  financiase con cargo a créditos do orzamento xeral de 2019 e créditos financiados con cargo ao remanente líquido de Tesouraría de 2018. Pola súa banda, as achegas dos concellos contarán cun importe equivalente ao mínimo obrigatorio do Plan de Obras e Servizos (POS) do ano 2016 para cada concello. Estes poderán complementar a súa aportación con fondos propios ou procedentes doutras Administracións Públicas.

 

Relación de documentos

Bases reguladoras do Plan Único (BOP nº 052, de 2 de marzo de 2019)

Anexo I. SOLICITUDE

Anexo II. MEMORIA

Anexo III. ADXUDICACIÓN

Anexo IV. OBRAS ADMINISTRACIÓN

Anexo V. DECLARACIÓN RESPONSABLE INVESTIMENTO

Anexo VI. ACHEGAS CONCELLOS

Anexo VII. ACHEGAS 2016 POS

Anexo VIII. ACHEGAS 2016 SAF

Anexo IX. DECLARACIÓN SAF

Anexo X. CERTIFICADO CON RELACIÓN CLASIFICADA DE GASTOS

Anexo XI. DECLARACIÓN RESPONSABLE

CARTEL OBRAS (Cofinanciado) PLAN ÚNICO 2019

CARTEL OBRAS (Financiado Deputación) PLAN ÚNICO 2019