Menu toggle
Cooperación cos Concellos
 
EXPROPIACIÓNS

OBXECTO

A asistencia neste campo ten por obxecto cooperar cos Concellos no exercicio da potestade expropiatoria, tanto na tramitación dos expedientes como na taxación e valoracións.

LIÑAS DE ACTUACIÓN
  1. Asistencia na tramitación de expedientes expropiatorios: expropiacións ordinarias, urxentes e urbanísticas.
  2. Taxacións e valoracións para a determinación do prezo xusto.
  3. Resposta a consultas.
  4. Confección de expedientes e documentos tipo.
 
BENS E PATRIMONIO

OBXECTO

Este acto de colaboración ten por obxecto asistir ós Concellos na xestión do seu patrimonio, e poderá abranguer dende o asesoramento xurídico, ata a cooperación en materia de confección do inventario de bens e dereitos.

CONTIDO

  1. Confección de expedientes e documentos tipo para a xestión patrimonial.
  2. Cooperación na elaboración de inventarios municipais de bens e dereitos.
  3. Resposta a consultas.