Menu toggle
Cooperación cos Concellos

OBXECTO:

A súa función esencial é a de informar en materia urbanística ás Corporacións locais.

CONTIDO:

O contido da asistencia en materia urbanística concretarase na redacción de informes e elaboración de documentos que terán como referencia algunha das seguintes materias: ordenación do territorio, urbanismo, medio natural, intervención e disciplina urbanística e supervisión de proxectos.

  1. Supervisión de proxectos técnicos.
  2. Informes técnicos e xurídicos en materia de planeamento urbanístico xeral.
  3. Informes técnicos e xurídicos en materia de licenzas urbanísticas e de apertura, así como en materia de disciplina urbanística.
  4. Informes de expedientes de actividades sometidas a avaliación da incidencia ambiental, visitas e informes de comprobación.
  5. Resposta a consultas escritas, telefónicas e/ou en liña.
  6. Elaboración de circulares sobre asuntos de interese xeral para todos os municipios.
  7. Valoración de inmobles e terreos para compras, expropiacións e/ou alleamentos.
  8. Colaboración na posta a disposición dos cidadáns do planeamiento municipal por medios telemáticos.
  9. Elaboración de expediente tipo en soporte dixital.

 

Novas tecnoloxías da información e da comunicación: Unha provincia en rede

A Deputación de Lugo é consciente de que a administración electrónica é un modelo de Administración pública baseado no uso intensivo das tecnoloxías da información e da comunicación, co obxetivo de mellorar a eficiencia interna, as relacións interadministrativas e as relacións da Administración cos cidadáns.

O desenvolvemento da e-administración por parte da Deputación de Lugo ten como obxectivo básico avanzar cara a unha Administración pública na provincia de Lugo:

  • Máis ABERTA
  • Máis TRANSPARENTE
  • Máis PRÓXIMA
  • Máis INTEGRAL

Hai que ter en conta que cómpre evitar a fractura dixital, a vulneración da seguridade e da intimidade, e a descoordinación administrativa.

OBXECTO

A incorporación dos Concellos da provincia ás novas tecnoloxías como ferramentas de traballo ligadas á eficacia e á eficiencia nas prestación dos servizos públicos, tratando de respostar ó reto da implantación da administración electrónica, constitúe o obxectivo básico desta liña de colaboración e asistencia.

As liñas de actuación previstas son:

  1. Avaliación das necesidades e elaboracións de plans de actuación a nivel municipal.
  2. Impulso e desenvolvemento das novas tecnoloxías nos Concellos.
  3. Impulsar a e-administración. A aprobación da Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns ós servizos públicos (LAECSP) supón unha boa oportunidade para avanzar no desenvolvemento da administración electrónica na provincia de Lugo e en España.
  4. Dotación ós Concellos dos programas informáticos e soporte técnico nos ámbitos da xestión administrativa dos que hoxe non dispoñan.
  5. Intranet provincial.
 
Medio Natural

 
OBXECTO

Cooperar e asesorar ós Concellos no campo da enxeñería ambiental, ordenación rural, conservación da natureza e conservación de programas.

LIÑAS DE ACTUACIÓN
  1. Elaboración de informes, propostas e memorias relacionadas co medio natural, áreas recreativas, xardinaría, recuperación de itinerarios ambientais e camiños.
  2. Estudos e informes de ordenación do medio natural.
  3. Asesoramento técnico e supervisión de proxectos.
  4. Informes en materia de licenzas de actividades agropecuarias e agroforestais.