Menu toggle
Cooperación cos Concellos

Será obxecto desta asistencia a prestación das funcións reservadas aos funcionarios e funcionarias da Administración local con habilitación de carácter estatal en entidades locais exentas, de conformidade co previsto nos artigos 4 e 5 do Real Decreto 1732/1994, de 29 de xullo, de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter estatal, así como nos casos que tales funcións non poidan circunstancialmente atenderse, na forma establecida no artigo seguinte. A prestación deste servizo desenvolverase conforme ao establecido polo artigo 36 do referido Real Decreto, comisionando un funcionario de habilitación de carácter estatal para a realización de cometidos específicos de carácter circunstancial e polo tempo imprescindible.

A Deputación Provincial poderá prestar asistencia circunstancialmente por ausencia, dispensas, enfermidade e abstención legal do titular do posto de traballo, sempre que se acredite ter esgotado os demais sistemas prioritarios de provisión ou substitución establecidos no citado Real Decreto. A prestación destes servizos mediante comisións circunstanciais terá por obxecto a asistencia ós órganos colexiados decisorios, fe pública e asesoramento legal preceptivo. A prestación do servizo concluirá, en todo caso, cando o posto de traballo de que se trate sexa solicitado por un funcionario ou funcionaria da Administración local con habilitación de carácter estatal.

A solicitude de asistencia efectuarase mediante petición escrita do Alcalde-Presidente, dirixida ao deputado delegado da área, na que se concreten os motivos e os aspectos ou alcance desta, cunha antelación mínima de oito días naturais, acompañada da documentación correspondente e necesaria.