Menu toggle
Cooperación cos Concellos
 

OBXECTO

A asistencia en materia de contratación ten por obxecto cooperar na xestión da contratación administrativa, de cara a lograr a estandarización da mesma mediante expedientes, con soporte dixital, que faciliten o labor cotiá dos Concellos. Preténdese, así mesmo, poñer ó servizo dos Concellos o Rexistro Voluntario de Contratistas da Deputación e o perfil de contratante.

 

LIÑAS DE COLABORACIÓN

  1. Elaboración de pregos de cláusulas administrativas tipo de todos os contratos e procedementos, con soporte dixital.
  2. Elaboración dos documentos tipo esenciais de cada contrato e procedemento, con soporte dixital.
  3. Proxecto de Plan Estratéxico de Subvencións e elaboración da ordenanza xeral reguladora das mesmas, adaptada á Lei galega de subvencións.
  4. Asistencia ás mesas de contratación.
  5. Emisión de informes para as mesas de contratación.
  6. Resposta a consultas telefónicas, presenciais e on-line.
  7. Supervisión de proxectos técnicos.