Menu toggle
Cooperación cos Concellos
 
OBXECTO:

A asistencia económica ten como obxecto o asesoramento e consultoría nas áreas de intervención, contabilidade e tesourería, e configúrase como un apoio e complemento das tarefas e funcións que a lexislación reserva a tales unidades para conseguir o cumprimento dos principios de legalidade, eficacia, eficiencia e economía na xestión dos recursos públicos que se xestionan.

En ningún momento a prestación de servizos de asistencia económica suporá a substitución das funcións que a lei encomenda aos titulares de tales responsabilidades.

CONTIDO:

A asistencia en materia económica ten como contido esencial asesorar, estudar, analizar e informar as peticións formuladas nos ámbitos económico, financeiro e contable, así como en calquera outro que poida xurdir como consecuencia do desenvolvemento das actividades administrativas e técnicas que, en relación a dita disciplina, realicen e soliciten as entidades peticionarias.

  1. Asistencia no desenvolvemento do ciclo orzamentario e na contabilidade.
  2. Asistencia na elaboración da conta xeral.
  3. Asesoramento en procesos contables, de formulación de contas anuais, análise e consolidación de estados financeiros de entidades públicas empresariais e sociedades de capital integramente das entidades locais.
  4. Plans económico-financeiros.
  5. Plans de saneamento. Informes de situación.
  6. Asesoramento na confección de ordenanzas fiscais.
  7. Realización de estudos de custos dos servizos.
  8. Redacción de estudos e circulares informativas sobre novidades normativas e asuntos de interese xeral en materias económico-financieiras, tributarias, contables, etc.
  9. Emisión de informes e ditames.
  10. Resposta a consultas verbais, telefónicas e/ou en liña.