Entidade responsable:

  • Deputación de Lugo

Rol:

  • Responsable do tratamento

Finalidades do tratamento:

  • Asesoramento Xurídico no marco establecido polo Regulamento de Organización e Funcionamento da Asesoría Xurídica, publicado no BOP n.º 010 do 14 de xaneiro de 2020 no seu artigo 1.
  • Función consultiva: emisión de informes facultativos e non vinculantes a petición da Deputación Provincial de Lugo ou Concellos (Artigos 9, 14 e 28 do Regulamento de Organización e Funcionamento da Asesoría Xurídica).
  • Suficiencia de documentos .- Artigo 12 do Regulamento de Organización e Funcionamento da Asesoría Xurídica.
  • Actos de comunicación feitos a través da sede da Asesoría Xurídica (Buzón Lexnet) en procedementos nos que se colabora con Xulgados e Tribunais de calquera xurisdicción e coas unidades administrativas da propia Entidade e no seu caso, dos Concellos, co obxectivos de contribuir a unha comunicación eficaz entre os Xulgados e as entidades/servizos que non dispoñen deste buzón.

Base lexitimación:

  • RXPD 6.1.c) Tratamento necesario para o cumprimento dunha obrigación legal aplicable ao responsable do tratamento.
  • RXPD 6.1.e) Tratamento necesario para o cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos.                                                                             

Para o tratamento de datos especialmente protexidos:

  • RXPD 9.2. f) o tratamento é necesario para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións ou cando os tribunais actúen en exercicio da súa función xudicial.

 

  • Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial.
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
  • Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa.

Categorías de interesados:

  • Persoas físicas ou representantes de persoas xurídicas participantes nos procedementos xudiciais e nos expedientes de asesoramento xurídico dos que sexa partícipe a asesoría xurídica de Deputación Provincial de Lugo.
  • Persoas demandantes, demandadas/os, representantes legais, testemuñas, procuradoras/es, notarias/os, rexistradores e calquera outra persoa cuxa concorrencia na levanza do asunto sexa pertinente ou necesaria.

Categorías de datos:

  • Datos de categoría especial:
    • Ideoloxía u opinións políticas / Afiliación sindical / Relixión / Conviccións relixiosas ou filosóficas / Orixe racial ou étnica / Saúde / Orientación sexual / Violencia de xénero/ Menores.
  • Datos de categorías xerais:
    • Identificativos (DNI/Pasaporte/NIE, nome, apelidos, correo electrónico, enderezo postal, teléfono, sinatura manuscrita, sinatura electrónica, datos de representación).
    • Características persoais (datos do estado civil, idade, datos de familia, sexo, data de nacemento, nacionalidade, lugar de nacemento, lingua materna.
    • Circunstancias sociais (propiedades, posesións; licenzas, permisos, autorizacións).
    • Económicos, financeiros e de seguros (bens patrimoniais, datos bancarios, seguros, hipotecas).
    • Transaccións de bens e servizos (compensacións/indemnizacións).                                               
  • Outros datos: Datos de Infraccións penais e sancións administrativas; violencia de xénero; menores.

Destinatarios:

  • Xulgados e Tribunais.
  • Administracións públicas no exercicio das súas competencias.
  • Diarios oficiais, páxinas web e outros medios de comunicación institucional.

Transferencias internacionais:

  • Non están previstas.

Prazo de supresión:

  • Conservaranse durante o tempo que sexa necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos. Será de aplicación o previsto na normativa de arquivos e documentos.

Medidas de seguridade:

  • Medidas técnicas e organizativas previstas polo Esquema Nacional de Seguridade.

Dereitos en protección de datos:

  • Para solicitar o acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidade e oposición do tratamento dos datos persoais, no caso de que se dean os requisitos establecidos no Regulamento Xeral de Protección de Datos, así como na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, pode dirixir un escrito ao responsable do tratamento, neste caso, a Deputación de Lugo, en Rúa San Marcos, 8, 27001-Lugo, ou a través da sede electrónica da mesma (https://sede.deputacionlugo.org).

Datos de contacto do DPD:

  • dpd@deputacionlugo.org