Menu toggle
Arquivo

IM1

 

DOCUMENTO DESTACADO

   Constitucion              

      Toma de posesión da Nova Corporación Provincial (1979). Sin3331.296  

Tras a celebración das primeiras eleccións democráticas en xuño de 1977 e a aprobación da Constitución Española de 1978, as Deputacións Provinciais experimentaron unha fonda transformación, democratizando as súas estruturas, funcións e competencias.

Neste contexto, e con motivo da conmemoración dos 50 anos de democracia, lembramos o acto de constitución da nova Corporación Provincial de Lugo, celebrado en 1979, ano no que Luis Cordeiro Rodríguez foi elixido presidente da Deputación, marcando o inicio dunha etapa plenamente democrática na institución.