XUNTA DE GOBERNO


A Xunta de Goberno é un órgano necesario na organización provincial, tal e como o sinala o artigo 32 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local. Está integrada polo Presidente da Deputación e por un número de deputados que non pode ser superior ao terzo do número legal dos mesmos, nomeados directamente por el, dando conta ao Pleno.

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo está composta por un máximo de oito membros máis o Presidente. A condición de membros da Xunta de Goberno ten carácter voluntario e entenderase tacitamente aceptada se non media renuncia expresa comunicada ao presidente.

Son tarefas da Xunta de Goberno a asistencia ao presidente/a no exercicio das súas atribucións así como todas aquelas outras delegadas do presidente/a e do Pleno. Algunhas destas son, por exemplo:

  • exercer o nomeamento, premios, sancións, así como as declaracións das situacións administrativas ou laborais do persoal funcionario e laboral,
  • aprobar as bases para as probas de selección de persoal e dos concursos de provisión de postos de traballo
  • aprobar os proxectos de obras e servizos cando sexa da súa competencia a súa contratación; adxudicar todos os contratos de contía superior á dos contratos menores e cuxa competencia non estea reservada ao Pleno
  • conceder subvencións na contía da aprobación do gasto en materia de contratación, e aprobar convenios de colaboración con outras entidades locais, organismos e administracións públicas sempre que a competencia non sexa do presidente/a.

     

 

ACTAS

 

ORDES

 

ACTAS

ORDES DO DÍA