A Deputación de Lugo patrocina con 18.000€ a primeira tempada da serie A Grande Epopea de Galicia
O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, xunto á directora, e integrantes do equipo e da produción, presentaron en San Marcos a primeira entrega desta pioneira serie documental, con 8 episodios dedicados a Cuba, Brasil e Panamá, e que xa está dispoñible na plataforma de AGalega
Miguel Fernández subliñou que o apoio da institución responde á aposta continuada polo sector audiovisual. “Contamos coa única escola pública de imaxe e son da provincia, cunha Film Commission, e ao mesmo tempo colaboramos economicamente con producións audiovisuais, en torno a unha trintena na última década”
O formato da Grande Epopea de Galicia relata, a través de imaxes e testemuñas cun enfoque ameno e atractivo, a enorme xesta e transcendencia social, económica e cultural que deixou a pegada imborrable da emigración en Galicia
Xov, 02/05/2024 - 14:36