A Deputación impulsa EQUIGAL cunha achega de 40.000€ para converter Lugo na capital do cabalo
A institución provincial apoia outro ano máis este evento, que se prolongará ata o 12 de maio e contará cunha ampla programación que inclúe o Concurso Nacional de Salto de Obstáculos, exhibicións, bautismos ecuestres e concursos morfolóxicos
O Deputado de Promoción Económica e Social presentou nos xardíns de San Marcos esta cita gratuíta que se celebrará no Pazo de Feiras e Congresos “e que contribúe a poñer en valor o noso sector primario, un motor económico fundamental da provincia”
Lun, 29/04/2024 - 13:50