Deputación de Lugo
Turismo

O programa Coñece a túa provincia descobre a Ribeira Sacra e a Montaña á veciñanza de Cospeito e Lugo

Coñece a túa Provincia
Ribeira Sacra
Cospeito

O programa da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia amosou este xoves a Ribeira Sacra e a zona da Montaña a dous colectivos de Lugo e Cospeito. A Asociación de Veciños de Coeses Agro Maior, do concello de Lugo, comezou a súa viaxe coñecendo o Pazo de San Marcos e, posteriormente, visitou a aldea do Piornedo e Navia de Suarna. Este xoves tamén foi a quenda da Asociación Cultural Aquilino Iglesia Alvariño, de Cospeito. A agrupación da parroquia de Muimenta comezou a súa viaxe no Mazo de Santa Comba, de titularidade provincial, para despois descubrir a igrexa de San Facundo de Ribas de Miño, incluída na Ruta Transrománica, e a vila de Portomarín e os seus elementos patrimoniais. O programa Coñece a túa provincia, incluído no Plan de Impulso de Economía da Provincia de Lugo, beneficiará a máis de 1.200 persoas de 62 asociacións e colectivos lucenses ata o vindeiro 10 de novembro.

 

Coñece a túa provincia Agro Mayor