Deputación de Lugo

A Deputación participa na entrega dos premios Milagrosistas do Ano 2024, que recoñecen o labor de 20 persoas

milagrosistas do ano
AA.VV. Milagrosa

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este venres na gala de entrega dos Premios Milagrosistas do Ano 2024, que organiza a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa. Miguel Fernández entregou seis dos galardóns e felicitou aos vinte premiados e premiadas “que un ano máis representan un completo mosaico da sociedade”, pois son, dixo, “homes e mulleres que traballan no eido público, en distintos sectores empresariais, na educación, na sanidade ou na investigación”. Así mesmo, sinalou que dende a Deputación compartimos a filosofía destes recoñecementos desde o seu nacemento. “Temos unha liña de colaboración permanente co movemento veciñal, o máis senlleiro de Galicia, e estamos convencidos do potencial do talento lucense en todos os eidos de actividade. En aqueles que sempre nos identificaron, como o sector primario ou a hostalería e o comercio, pero tamén en ámbitos como a ciencia, a educación e a industria”.