Cultura
Deputación de Lugo

Comezan as Xornadas Pacegas organizadas pola Rede Museística

Xornadas Pacegas
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL
PAZO DE TOR

Esta tarde comezou no Pazo de Tor, en Monforte, a cuarta edición das Xornadas Pacegas, centradas nas Revoltas Irmandiñas.  As consecuencias das revoltas sobre as torres e casas forte, como edificios de poder, a participación da Igrexa ou o papel das mulleres ante as revoltas, así como o nacemento dos pazos e casas señorais na etapa posterior, foron algúns dos temas sobre a mesa nesta primeira xornada con intervencións dos historiadores Xosé Manuel Sánchez Sánchez (USC), Francisco Javier Pérez Rodríguez (USC), Miguel García Fernández (Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento-CSIC) e Pablo Otero Piñeyro Maseda (Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento-CSIC). A xornada concluíu cunha ponencia de Simón Vicente López, historiador da arte e persoal da Rede Museística Provincial, sobre a escultura de cabaleiro medieval recentemente incorporada ao Museo Pazo de Tor. O encontro continúa mañá pola tarde con ponencias centradas na iconografía funeraria baixomedieval,