Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Foz acolle o domingo a 58 edición da Travesía de Foz, con 315 palistas de 30 clubs de Galiza e Asturias

TRAVESÍA DE FOZ
PIRAGUISMO
EFRÉN CASTRO
CLUB KAYAK FOZ
A proba, que puntúa para a Liga Galega, dispútase de forma ininterrumpida desde 1962

O deputado de Deportes Efrén Castro participou esta tarde a presentación da 58 edición da proba de piragüismo Travesía de Foz, que se celebrará o vindeiro domingo a partir das 11.00 horas.

A proba, que puntúa a Liga Galega, contará este ano coa participación de 315 palistas das categorías cadete, xuvenil, senior e veterano, chegados de 30 clubs de Galiza e Asturias. 

O presidente do Club Kayak Foz, Nacho Romillo, valorou “moi positivamente a participación na proba tendo en conta que estamos no final da temporada, nun ano difícil para todos pola situación sanitaria”.

O  acto de presentación, fronte á sede do club, tivo tamén un caracter reivindicativo. “Historicamente todas as directivas do clbu foron empregados da fábrica de aluminio de Alcoa San Cibrao, polo que a pesar de estar anunciando unha competición histórica, é un dos días máis tristes do club tras oxe anuncio de Ere feito hoxe por Alcoa”, sinalou Nacho Romillo.

Na presentación tamén participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto, o tenente de alcalde, Xavier Fanego, a concelleira de Deportes, Gema Méndez, e Pedro López, secretario da asociación A Ribeira.

A área de Deportes achega 7000 euros á celebración da proba, que se celebra de forma ininterrompida desde 1962.