O Presidente presentará este xoves unha nova guía sobre o románico de Lugo, A Terra Chá e A Mariña
José Tomé Roca dará a coñecer na Catedral de Lugo ás 18:00 horas nun acto aberto ao público esta nova publicación que completa o proxecto editorial que a Deputación iniciou no 2021 con libros sobre este tipo de arte no conxunto da provincia. As persoas que asistan recibirán de xeito gratuíto un exemplar
Mér, 08/05/2024 - 15:03