Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

700 judokas competirán este sábado no Pazo polos títulos estatais das categorías Absoluta e Sénior

Judo
O PAZO
700 judokas competirán este sábado no Pazo polos títulos estatais das categorías Absoluta e Sénior

Lugo, 26 de novembro de 2026.-  O Pazo dos Deportes acollerá este sábado -28 de novembro- os Campionatos de España Absoluto e Sénior de Judo, que reunirá preto de 700 judokas de todo o Estado, entre elas, campioas e campións do mundo e europeos como Ai Tsunoda, Adriana Rodríguez Salvador, Luis Barroso ou Daniel Nieto, entre outros.

A xornada arrancará ás 8.30 horas coa celebración das eliminatorias sobre catro tatamis, que darán paso aos combates olas medallas e as finais, que se disputarán de forma individual sobre un único tatami.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro animou a “achegarse ao Pazo para seguir a competición, cun alto nivel competitivo” e destacou “a importancia de acoller estes eventos, que reforzan a proxección de Lugo e da provincia e, sobre todo, dos nosos clubs e deportistas como referentes estatais”.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia, xunto a outros patrocinadores públicos e privados, o Campionato, organizado pola Federación Española de Judo.