Preto de 140 traballadores e traballadoras da Deputación celebran o tradicional encontro nas casetas do polbo polo San Froilán

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este venres no tradicional encontro da institución provincial nas casetas do polbo con motivo do San Froilán. O xantar, que reuniu a preto de 140 traballadores e traballadoras, estivo organizado pola Xunta de Persoal e o Comité de Empresa da Deputación. Ademais do mandatario provincial asistiu tamén a esta xuntanza o Vicepresidente da Deputación, Efrén Castro Caloto, e os Deputados Provinciais Pilar García Porto, Miguel Fernández Méndez, Pablo Rivera Capón, Carlos López López, Xosé María Arias Fernández, Carmela López Moreno, Iván Castro Díaz e Marisol Morandeira Morandeira.