Deputación de Lugo

A Deputación reafirma o seu compromiso co tecido social na feira que impulsa FADAS hoxe en Lugo

Fadas
Pablo Rivera Capón
Feira FADAS

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres na inauguración da VII Feria das Asociacións de Ámbito Social de Lugo. Aberta o público durante toda a xornada de hoxe na Praza Maior, esta feira está organizada pola Federación de Asociacións do Ámbito Social de Lugo (FADAS) e pretende dar visibilidade aos colectivos que a integran e que traballan en torno á defenda da muller, a familia, a infancia, a saúde, o emprego, a inmigración, o comercio xusto, a cooperación ao desenvolvemento, o deporte, o voluntariado, a sensibilización.

“Esta feira non é só un encontro de asociacións. É unha xanela aberta á realidade de moitas persoas, unha mostra da entrega e da creatividade de quen traballa cada día por unha sociedade máis xusta”, destacou Rivera Capón. A Deputación colabora con FADAS cunha achega anual de 10.000€ para o funcionamento do colectivo lucense.