A Deputación impulsa a Feira de San Cidre da Milagrosa, que arrincou co pregón da investigadora Cintia Folgueira

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, asistiueste venres xunto ao Alcalde de Lugo, Miguel Fernández Méndez, ao pregón da 28º Feira de Produtos do Campo e Artesanía de San Cidre da Milagrosa. A tradicional cita deu comezo esta tarde co pregón inaugural a cargo da investigadora lucense Cintia Folgueira e continuou cunha degustación de mazá asada na que se repartiron preto de 600 unidades. A Feira, que reúne a ducias de expositores e conta co apoio da institución provincial, continuará durante toda a fin de semana. A programación tamén inclúe actuacións musicais, a degustación de becerro ao espeto e o reparto dun cento de lotes de queixos, entre outras propostas.