Deputación de Lugo

A Deputación e a Federación Galega de Comercio sortean 4.500€ en bonos de compra na Praza Maior

Federación Galega de Comercio
Pablo Rivera Capón
Festa Lugo campaña comercio

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, participou este xoves na última festa da campaña Regala en Nadal, Merca en Local na Praza Maior de Lugo, onde se sortearon 4.500€ en bonos de compra. Pablo Rivera destacou o éxito desta campaña “que supuxo unha oportunidade única para fomentar o comercio local e animar á cidadanía a apoiar os establecementos da nosa provincia durante as festas". O evento contou con actividades de animación, actuacións infantís, música, chocolatada e sorteos en directo de tarxetas prepago de 500€, 1.000€ e 3.000€ para gastar no pequeno comercio. 

A iniciativa, impulsada de forma conxunta pola institución provincial e a Federación Galega de Comercio, busca fomentar o consumo responsable e impulsar a economía local durante unha das tempadas festivas máis importante en vendas do ano.