EQUIGAL abre as súas portas en Lugo co respaldo da Deputación como principal patrocinadora

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres xunto á Concelleira de Muller e Igualdade, Ángeles Novo Martínez, na inauguración do Salón Internacional do Cabalo, EQUIGAL, que se celebra este mes no Pazo de Feiras de Lugo. A programación deste evento, que reunirá a criadores, deportistas e amantes do mundo equino, inclúe un completo programa de actividades gratuítas, entre as que se inclúen concursos morfolóxicos, exhibicións ecuestres e certames especializados. A Deputación de Lugo colabora con este evento cunha achega económica de 40.000, converténdose no principal patrocinador da cita.