Deputación de Lugo
Turismo

Arranca o Portomarín Beerfest, que reúne 14 marcas de cervexa artesanal grazas á Deputación

Portomarín

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, visitou este venres xunto ao organizador do Portomarín Beerfest, Manuel Pombo, o recinto no que se celebra a cuarta edición desta cita, situado na Praza do Camiño do municipio. O encontro reúne do 2 ao 3 de maio unha selección de 14 marcas nacionais e internacionais co obxectivo de que os visitantes coñezan novas cervexas. A institución provincial colabora con esta cita, na que tamén se inclúen monólogos e actuacións musicais, cunha achega económica da institución provincial de 2.500€.