A Deputación reafirma o seu compromiso co sector ecuestre na entrega de premios de EQUIGAL 2025

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na entrega de premios do Concurso Hípico Nacional de Salto de Obstáculos no Salón Internacional do Cabalo, EQUIGAL, evento que conta co apoio da institución provincial cunha achega de 40.000€, sendo un ano máis a principal patrocinadora deste evento.Rivera Capón puxo en valor esta cita que xa é “un evento consolidado e recoñecido socialmente entre os amantes dos deportes ecuestres”.